martes, 31 de mayo de 2011

Torta de cereixas




Esta é unha torta moi sinxela e rica. Fíxena de cereixas porque estamos en plena temporada delas, pero por suposto, queda moi ben con calqueira froita que queiramos poñer.





Ingredientes
500g cereixas
1 lámina masa brisa

Para a crema pasteleira
100g azucre
50g fariña fina de millo
1/2 litro de leite
3 xemas de ovo
codia de limón


Preparación
Lavamos as cereixas, secámolas e quitámoslle os ósos.

Extendemos a masa sobre un molde. Metemos no forno prequencido a 200º ata que este dourada. Cando arrefríe desmoldamos.

Para facer a crema, poñemos a ferver o leite coa codia de limón. Nun cazo batemos os ovos co azucre e engadimos a fariña. Poñemos ao lume e imos incorporando o leite pouco a pouco, removendo ata que espese. Retiramos do lume e deixamos arrefriar.

Vertemos a crema sobre a masa e colocamos as cereixas.


lunes, 23 de mayo de 2011

Amorodos en xelatina rosada



Adoito tomar os amorodos en anacos, mesturados con zume de laranxa e azucre, que ademais de ser saudables é como máis me gustan. Pero admito que con nata están riquísimos, para tomalos ocasionalmente.

Esta receita fíxena para unha desas ocasións, na que quería que ademais a presentación fóra diferente.

Espero que vos guste!



Ingredientes
125g amorodos pequenos 
50g azucre
250ml viño rosado
125ml nata
3 láminas de xelatina
















Preparación
Hidratamos as láminas de xelatina en auga fría durante 5 minutos. Escorrémolas e poñémolas nun cazo a lume lento ata que se desfagan. Retiramos do lume e engadímos a metade do azucre e o viño rosado.

Lavamos e cortamos os amorodos e incorporámolos á mestura anterior. Vertemos en vasos ou copas e deixamos arrefriar na neveira ata que calle.

Antes de servir montamos a nata co resto do azucre e poñémola enriba da xelatina.



lunes, 16 de mayo de 2011

Cookies con chocolate






























A pasada semán celebrouse en Vigo a Copa do Mundo de Ximnásia Estética de grupos, organizada polo Club Maniotas, ao que pertence a miña filla.

Tódolos pais estivemos inmersos nos preparativos que require este acontecemento, que reune á élite da Ximnasia Estética, para finalmente poder disfrutar e emocionarse coa representación deste bellísimo deporte.

Non tiven tempo material de pasarme polas vosas cociñas, e fago esta entrada mais tarde do que tiña previsto, con estas cookies que vos recomendo por ser una receita moi sinxela e ser ademais moi ricas.






























Ingredientes
140g fariña
70g azucre moreno
40g azucre
80g manteiga
80g pepitas de chocolate
1 ovo
sal
1/2 cucharadiña de fermento
1/2 cucharadiña azucre avainillado








Preparación
Tamizamos a fariña co fermento e reservamos.
Nun bol batemos a manteiga derretida e os tres tipos de azucre, engadimos o ovo e mesturamos. 
Incorporamos a fariña, o fermento, o sal e por último as pepitas de chocolate.
Extendemos papel vexetal na bandexa do forno. Formamos boliñas coa masa, dámoslle a forma da galleta e poñémolas, separadas entre sí, sobre a bandexa.
Metemos no forno prequencido a 200º durante 10 minutos.




domingo, 8 de mayo de 2011

Pera envolta en hoxaldre

Sinto especial predilección pola masa de hoxaldre, porque paréceme unha masa moi agradecida; fácíl de adaptar, rica e que combina con calquera ingrediente.
Por eso cando vin esta receita non dubidei do seu bo resultado.

Espero que vos guste tanto como a mín!





































Ingredientes
4 peras maduras
1 lámina de hoxaldre fresca
1 ovo
azucre glas


Para o recheo
8 ameixas secas
1 laranxa en zume










Preparación
Troceamos as ameixas e poñémolas nun cazo co zume de laranxa a lume lento durante 5 minutos.

Pelamos as peras e sacámoslle os corazóns pola base. Cortamos as bases de xeito que as peras póidanse quedar de pé e logo introducimos as ameixas dentro, polo oco do corazón.

Estiramos a masa e cortamos tiras longas de 2cm de ancho. Enrolamos cada pera con elas escomenzando por riba, engadindo unha segunda tira si é necesario tapando tamén a base.  

Pintamos a masa con ovo batido e poñemos as peras na bandexa do forno untada con manteiga.
Metemos no forno prequencido a 200º uns 15-20 minutos.

Deixamos enfriar e espolvoreamos con azucre glas.






domingo, 1 de mayo de 2011

Mousse de mango


A característica principal da mousse é a textura de diminutas burbullas, que se debe á mestura das claras batidas a punto de neve e a nata. 
Aínda que a de chocolate é a máis popular, quería facela cunha froita tropical. Decidinme pola mousse de mango, xa que é unha froita cun sabor doce e aromático.





Ingredientes
1 mango
200ml nata
2 claras de ovo
4 cucharadas de azucre
1 lámina de xelatina


Para o caramelo
50g azucre
2 cucharadas de auga
papel vexetal
1 molde






Preparación
Pelamos e partimos o mango, pasámolo pola batidora e reservamos.
Montamos a nata con 2 cucharadas de azucre. Montamos as claras tamén con 2 cucharadas de azucre.
Deixamos a folla de xelatina en auga fría e escurrimos. Diluímola en dúas cucharadas de auga quente ao baño maría e engadímoslla ao puré de mango.
Incorporamos a nata e as claras envolvendo suavemente, vertemos nos recipientes que eliximos para a súa presentación, e deixamos enfriar 4 horas.

Para o caramelo
Engrasamos con aceite os bordes do molde.
Facemos o caramelo con azucre e auga e vertémolo no molde, poñendo debaixo papel vexetal.
Deixamos enfriar e desmoldamos con cuidado.